O Entroido de Xinzo invitado a un congreso en Serbia

IMG_5054
O Entroido de Xinzo invitado a un congreso en Serbia

Reúnense concellos organizadores de festas de entroido de toda Europa

Na semana pasada o alcalde do Concello recibiu una carta da Federación de cidades europeas que contan con carnavais, invitando ao concello de Xinzo a unirse a federación, así como a participar no congreso a celebrar en Serbia a finais deste mes.

Segundo Jose Miguel Arzuaga, representante de Francia “motiva” a invitación despois de ver a inserción publicitaria sobre o Entroido de Xinzo no xornal “Le Monde” despois de coñecer que segundo a publicación é o máis longo de España.

CAMIÑO DA DECLARACIÓN DE FESTA INTERNACIONAL

Carlos GomezSegundo nos comunica o concelleiro de cultura Carlos Gomez, esa inserción publicitaria forma parte da campaña que o concello ten preparada e xa en marcha para este mes de maio, campaña que é imprescindible para a solicitude de “Festa de interés internacional”.

Logo das publicacións hai que rematar un dossier, que xa están facendo os técnicos de cultura do Concello, para despois enviar a Xunta e a Secretaría de Estado de Turismo, que é a que o final concede a declaración.IMG-20180517-WA0004

Carlos Gomez, síntese moi satisfeito da primeira resposta da campaña, aínda que ata a semana que ven, non saberá si aceptarán a invitación a participar no congreso en Serbia.