Este fin de semana celebrouse e A Estrada o campionato galego de básquet feminino de 2ª división. Ata el chegaron os equipos representantes de toda Galicia.
No sábado a tarde o equipo do club A.B. Xinzo enfrontouse o equipo Montrove de A Coruña nun partido que dominaron dende o primeiro cuarto por máis de 50 puntos de diferenza.
Xa na xornada de domingo as 09:30 o rival foi o equipo C.B. Burela a quen gañaron 73-66.
Á final as xogadoras de Xinzo dirixidas por Luis. M. Gil, chegaron algo máis cansadas, posto que o equipo o cal se tiñan que enfrontar pasaran a súa semifinal sen competir. Durante todo o partido o equipo de Xinzo foi por debaixo, no marcador, ata o último cuarto no que lograron darlle a volta o marcador, vencendo por unha diferenza de 11 puntos.
Este equipo que comezou solo con 6 xogadoras nesta tempada ten no seu palmarés o haber gañado 21 partidos dos 21 disputados.
Queda agora a Copa Deputación a disputar nuns días.