A Escola Rural de Saúde da Limia fai balance

aula escola rural saude
A Escola Rural de Saúde da Limia fai balance

A asociación continúa no seu empeño de achegar os coñecementos sanitarios e sociais á cidadanía

A Escola Rural de Saúde da Limia, comandada pola súa coordinadora Lola Rico, vén de facer balance do seu traballo e contributo á sociedade limiá durante o período anual 2016-2017.

129 talleres en Xinzo e 86 noutras localidades, así como 63 profesionais, resumen as cifras máis significativas da tempada da asociación.

Nunha nota remitida aos medios afirman ter chegado, nos últimos doce meses, aos 129 talleres impartidos na aula da Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Algúns destes talleres mesmo tiveron edicións continuadas debido ao seu éxito.

Así mesmo, tamén organizaron un total de 86 talleres descentralizados realizados en diferentes pedanías e aldeas da comarca da Limia e nun tital de 8 concellos.

Até 63 profesionais diferentes colaboraron ao longo desta tempada coa asociación. Profesionais, na súa maioría da rama sanitaria, mais tamén de ramas sociais, do mundo do dereito e da investigación, entre outros.

A asociación continúa no seu empeño de achegar os coñecementos sanitarios e sociais á cidadanía en xeral e, especialmente, ás persoas máis maiores.