A Escola de Saúde da Limia remata o ano coa “mellor terapia… a arte”

FESTIVAL LA MEJOR TERAPIA... EL ARTE
A Escola de Saúde da Limia remata o ano coa “mellor terapia… a arte”
A asociación prepara para o próximo día 23 un festival de música, fotografía e pintura REDACCIÓN redac@dendealimia.com “A mellor terapia… a arte”,...

A asociación prepara para o próximo día 23 un festival de música, fotografía e pintura

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

“A mellor terapia… a arte”, ese é o lema do festival de música, fotografía e pintura que prepara a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia para o próximo día 23 ás 20 horas na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Ademais, xa desde o pasado mércores, tamén na Casa da Cultura expóñense unha serie de fotografías que resumen os tres anos de traballo que ben realizando esta organización. Acompañan a estas fotos, unha serie de obras de arte de recoñecidos artistas que serán sorteadas no Festival do luns, así como debuxos de pintores mozos e unha obra moi especial realizada polos usuarios do Centro de Día do Concello. Pero o gran día será o 23, que contará coa presenza de agrupacións musicais e de baile da comarca, coa Banda de Gaitas de Xinzo poñendo o broche final á festa.

A entrada será gratuíta, e por soamente un euro os que o desexen poderán entrar no sorteo de calquera das obras expostas. Un festival no que a arte será o fío condutor, por ser tal e como segura a presidenta da asociación, Lola Rico, “a mellor terapia que as persoas temos para continuar o noso camiño cando a moeda das dúas caras, a saúde e a enfermidade, fai aparición nas nosas vidas”.