Os organizadores da tractorada de mañá en Xinzo, Sindicatos, ADEGAL e Asoc. de produtores de pataca da Limia esperan que mañá sexa a manifestación de persoas e máquinas máis multitudinaria da historia.

Despois da concentración no parque do Toural, os tractores sairán as 11:30, media hora antes do anunciado, para poder facer o percorrido completo e voltar a Xinzo pola rúa S. Sebastián e virar a dereita pola adv. De Madrid, onde se incorporarán todos aqueles veciños e veciñas da Limia para a pe acompañar á caravana ata novamente o parque do Toural.
O COMERCIO APOIA A MANIFESTACIÓN
A Asociación de comerciantes PROLIMIA, xa enviou un comunicado aos seus asociados para que durante o traxecto pola vila, pechen os comercios e participen da manifestación.