lunes 25/10/21

A estrada que une Xinzo con Vilar de Barrio é a que máis accidentes rexistra de Ourense

A Deputación traballa con Tráfico na mellora do vial

    O tramo da estrada comarcal OU-1102 que une Xinzo de Limia con Vilar de Barrio é un dos de maior sinistralidade da provincia de Ourense. En dez anos producíronse neste treito, 13 sinistros con 5 falecidos, 10 feridos graves e 12 feridos leves. 

Sobre estes malos datos falaron o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o xefe provincial de Tráfico, David Llorente e o xefe de Destacamento da Garda Civil en Verín, Juan Carlos Nogueiras. vial 2

Tráfico elaborou un informe onde se recolle que é preciso mellorar a seguridade do vial de 10´3 quilómetros. En concreto sería urxente instalar barreiras laterais nas tres curvas existentes e nas zonas máis perigosas. Así mesmo cómpre reforzar a sinalización dos tramos e pistas que acceden transversalmente á estrada principal. Unha terceira medida sería aumentar sinais verticais e horizontais de velocidade máxima de 70 km/h, debido ás altas velocidades ás que se circula por esta zona. 

Isto foi o que lle trasladaron dende Tráfico ó presidente do ente provincial. Xuntos trataron de buscar unha solución ó problema. A primeira que se plantean é que os concellos de Xinzo, Sarreaus e Vilar de Barrio, cesen a titularidade do vial á Deputación. Manuel Baltar considera que se trata de "integrala na rede viaria provincial, como propoñen as autoridades de Tráfico, co fin de levar a cabo as obras de mellora necesarias en materia de seguridade", declarou. A principal razón é  que os tres concellos non dispoñen dos medios precisos para acometer as obras de mellora do vial. 

Comentarios