"Evolución da alimentación dende o tempo dos Gregos"

asistentes
"Evolución da alimentación dende o tempo dos Gregos"

Tema da charla de Manuel Mandianes na Escola Rural de Saúde

Esta tarde aperturáronse os cursos que sobre alimentación e durante os meses de maio e xuño se levarán a cabo nas instalacións da Escola Rural de Saúde, na Casa de Cultura de Xinzo.

mandianes y pablo g. vivancoA primeira das charlas deuna o antropólogo Dtor. Mandianes falando sobre a evolución da alimentación dende os gregos ata hoxe.

Tamén acudiu a impartir as súas leccións maxistrais un dos colaboradores asiduos da asociación, o farmacéutico Pablo García Vivanco.

No curso sobre a alimentación e nutrición (aberto a toda a poboación) falarase de hábitos de vida saudable, a dieta equilibrada, técnicas culinarias, prevención de enfermidades cardiovasculares, a diabetes, obesidade, Enfermidade de Crohn… pechando cun achegamento á alimentación na vellez e nos centros sociosanitarios .

Nestes cursos a asociación conta coa colaboración do Concello de Xinzo COREN e ACCU Ourense ( Crohn e Colitis Ulcerosa).

mandianes 2