O ex secretario declarará o luns no Xulgado de Xinzo no proceso penal aberto contra o presunto delito de prevaricación cometido por Antonio Pérez

resize
O ex secretario declarará o luns no Xulgado de Xinzo no proceso penal aberto contra o presunto delito de prevaricación cometido por Antonio Pérez
Demetrio Martínez dará a súa versión acerca dos informes que elaborou en contra das contratacións irregulares realizadas polo Concello REDACCIÓN redac@dendealimia.com O vindeiro...

Demetrio Martínez dará a súa versión acerca dos informes que elaborou en contra das contratacións irregulares realizadas polo Concello

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O vindeiro luns, Demetrio Martínez, ex secretario do Concello de Xinzo, declarará no Xulgado da vila dentro do proceso penal aberto contra Antonio Pérez por un presunto delito de prevaricación. Presúmese que o funcionario deberá dar a súa versión sobre os informes que el mesmo elaborou en contra das contratacións irregulares realizadas polo órgano municipal, e que foron anuladas polos xulgados do contencioso administrativo 1 e 2 de Ourense.

Precisamente foron os  titulares destas dúas sés xudiciais os que pediron a apertura de dilixencias penais contra o Concello, por advertir na actitude de Pérez indicios de prevaricación. Martínez deberá defenderse das insinuacións da defensa do municipio que asegura que “elaborou os documentos con posterioridade aos contratos”. Unhas declaracións nas que tamén estará presente o sindicato CIG como parte, pois foi a partir da documentación achegada por esta organización polo que comezou este proceso.