Éxito de público no taller sobre a conduta suicida celebrado en Xinzo

1 ASISTENTES 2
Éxito de público no taller sobre a conduta suicida celebrado en Xinzo

O taller estivo organizado pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia.

Programado por María José Menor –responsable de enfermería da EOXI en Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras– e organizado pola Asociación Escola Rural de Saúde da Lima, hoxe levouse a cabo no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia o taller formativo "Intervención ante a conduta suicida" impartido polas profesionais Mariña Glez –psiquiatra– e Amparo González –enfermeira– do "Programa de intervención intensiva ante a conduta suicida" do Complezo Hospitalario Universitario de Ourense.

PROGRAMA TALLER CONDUCTA     SUICIDA

A asociación destacou unha das frases ditas polas formadoras: "a pertenza a unha comunidade é un dos factores de protección ante esta conduta".

Contouse coa colaboración do Concello de Xinzo de LImia así como coa de diferentes entidades, profesionais e voluntarios para a súa difusión, sendo o resultado, para os organizadores "unha boa resposta á convocatoria por parte dos asistentes". Entre os asistentes destacaron membros da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, docentes, asociacións, sacerdotes, pedáneos, cidadáns, profesionais sociosanitarios, coidadores, xerocultoras... A asociación destacou unha das frases ditas polas formadoras: "a pertenza a unha comunidade é un dos factores de protección ante esta conduta".

2 SUICIDIO Y ADOLESCENCIA

Desde a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia quixeron agradecer a dedicación e a especial atención con que "as profesionais nos prepararon este taller, xa que segundo dixeron, é o único lugar onde impartiron formación sobre o suicidio fóra do ámbito sanitario".