Exposición fotográfica sobre as aldeas en Xinzo de Limia

expofotográfica
Exposición fotográfica sobre as aldeas en Xinzo de Limia

Na Casa da Cultura da capital da Limia.

Até o vindeiro 15 de xaneiro, os amantes da fotografía teñen unha cita ineludíbel na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Alí está organizada unha exposición fotográfica colectiva baixo o título –e temática– "Teño unha aldea".

A exposición está organizada pola Agrupación Fotográfica FosoSíntese coa colaboración da Concellería de Cultura que dirixe Luís Miguel Gil. Un total de 17 autores –os nomes poden consultarse na imaxe superior– amosan a veciños e visitantes a súa visión do rural a través dos seus obxectivos fotográficos.