Unha familia de Xinzo recolle roupa para o pobo saharauí destrozado polas inundacións

inundacións
Unha familia de Xinzo recolle roupa para o pobo saharauí destrozado polas inundacións

Precisan tamén alimentos non perecedoiros

As intensas choivas que caeron no deserto do Sáhara no mes de outubro provocaron grandes inundacións. A auga que caeu fíxoo con tanta forza que causou efectos devastadores sobre as fráxiles edificacións dos campamentos. Máis de mil vivendas completamente destrozadas e moitos dos saharauís perderon as súas casas e quedaron sen nada.

Unha familia de Xinzo recolle roupa e alimentos non perecedoiros como pasta, legumes, conservas, colacao... para axudar a esta poboación. Se queren colaborar poden chamar ó 619 45 67 18 e preguntar por Antía, ou chamar ó 615 40 60 82 e preguntar por Cosé Olmos. Teñen un local na zona do cemiterio de Xinzo que é onde van gardando todo. A Asociación axuda ó pobo saharauí, con sede en Vigo, será a encargada de recoller toda esta axuda e facerlla chegar ó Sáhara. O prazo para colaborar remata a principios de decembro.

Estes veciños decidiron dar o paso e axudar pois a eles tócalles de preto. magaliSon unha familia de acollida e viviron momentos de tensión cando non daban contactado coa súa pequena Magali, unha nena saharauí que conquistou o corazón de medio Xinzo. Ela e a súa familia están ben pero xunto co seu pobo precisan de axuda humanitaria nestes momentos críticos.