Feijóo asegurou que se respectarán as tradicións na recollida da pataca

recolección patacas
Feijóo asegurou que se respectarán as tradicións na recollida da pataca

Alberte Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, fixo súas as palabras da Conselleira de Medio Rural.

Alberte Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, fixo súas as palabras da Conselleira de Medio Rural asegurando que o Ministerio de Emprego non multará aos familiares e amigos que axuden na recollida de patacas e nos labores de vendima e se salvagardarán as tradicións do país relativas á recollida destes tubérculos.

Feijóo asegurou que se salvagardarán as tradicións do país relativas á recollida destes tubérculos.

O presidente fixo referencia explícita á apertura de expedientes por parte de inspectores de Emprego polo uso de persoal non contratado na recollida de patacas e na vendima e sinalou ou que estas inspeccións foron controis rutineiros en grandes almacéns para, en beneficio dos traballadores, comprobar que non estivesen en situación de irregularidade pero non actuar fronte ás axudas de amigos e familiares.