A Feira do 14 pasa ao 13 mércores, en Xinzo

Foto (arquivo)
A Feira do 14 pasa ao 13 mércores, en Xinzo

A próxima feira adiantarase ao día 13 por coincidir o 14 co xoves santo, declarado festivo autonómico en Galicia

A próxima feira de Xinzo de Limia, que ten lugar todos os días 14 e 27 de cada mes, cambiará de data por mor de Semana Santa. O 14 de abril cae a Xoves Santo, declarado festivo autonómico pola Xunta de Galicia, polo que como é habitual cada vez que a feira coincide nun festivo ou domingo, adiántase un día, pasando nesta ocasión ao día 13, mércores. A decisión foi tomada polo executivo local despois de realizar as consultas pertinentes á Policía Local e de trasladarlla á directiva da asociación de comerciantes Prolimia.