A feira do 14, a dos turistas "turbodiésel"

Feira 1
A feira do 14, a dos turistas "turbodiésel"
Centos de limiaos e visitantes ateigaron as rúas da vila nunha das citas comerciais máis importantes do ano MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO Racións...

Centos de limiaos e visitantes ateigaron as rúas da vila nunha das citas comerciais máis importantes do ano

MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO

Racións de polbo e gangas. Son estes, dous dos atractivos principais da feira do 14 de agosto de Xinzo de Limia. Moitas circunstancias a fan propicia, as vacacións, o bo tempo …, o que se traduce nas visitas de toda a comarca da Limia e de parte do estranxeiro. A de onte non foi unha excepción, e centos de persoas ateigaron ás rúas do centro na busca de comida, bebida, roupa, xoguetes, animais, música... case todo o que un poida imaxinar. Non faltaron tampouco algúns dos habituais, coma a Asociación Limisi ou a Civitas Limicorum, encargada da organización da festa do Esquecemento.

Porén, algunhas voces aclaman os efectos das crise. Así, aseguran a existencia dunha nova especie que deambula polas feiras, a dos turistas “turbodiésel”, porque camiñan moito e consumen pouco. Sen dúbida, unha maneira de analizar e vivir con sentido do humor, as duras condicións económicas que lle tocaron vivir ao país.