A Feira do comercio ProLimia2021, a punto

IMG_20210825_205224
A Feira do comercio ProLimia2021, a punto

Abrirá as súas portas o 27 venres ás 12:00

Esta tarde foi presentada a que será a segunda edición, esta vez con distinto nome, da feira do comercio da Limia.

CORENTA E DOUS EXPOSITORES

Cuarenta e dous expositores, todos eles de Xinzo, excepto dous, forman o que será esta edición que levará o nome de Feira do Comercio PROLIMIA que se levará a cabo dende o próximo venres ata o domingo no pavillón de deportes de Xinzo.

O CONCELLO APOIA A FEIRA COS STANDS, TOTALMENTE GRATUITOS

Na presentación asistiron a alcaldesa Elvira Lama, o concelleiro de comercio e a presidenta de Prolimia.

O comercio local, é máis rápido, mais solidario, e tamén medioambientalmente sostible, afirmou Elvira Lama.

Tanto, dende a alcaldía, como dende o grupo de goberno apoian e apoiarán todos os eventos deste tipo que redundarán en fortalecer o comercio local, que é máis rápido, mais solidario, e tamén medioambientalmente sostible, afirmou Elvira Lama.

IMG_20210825_205917A presidenta de ProLimia agradeceu na súa intervención a colaboración dos “outros” comercios de Xinzo , das entidades provinciais, Inorde, Ceo, denominacións de orixe da provincia etc., e por suposto o concello de Xinzo. Todos eles fan que esta segunda edición sexa a primeira pedra de outras que virán a continuación desta, estamos seguros manifestou Concha Conde.