O obradoiro celebrarase o vindeiro 21 de marzo na Casa da Cultura de Xinzo e require inscrición previa
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
A construción da identidade sexual, a propia sexualidade, a afectividade e o pracer, serán os temas que centren o obradoiro organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia para o próximo 21 de marzo. A cita será na Casa da Cultura de Xinzo entre as 17:30 e as 20:30 horas, e a sesión estará dirixida por María Victoria Carrera, profesora e e investigadora postdoctoral da Universidade de Vigo.
A reunión centrarase no proceso da construción da identidade sexual, a identificación de sentimentos, crenzas e condutas relacionadas co amor e o namoramento, e en proporcionar aos asistentes unha serie de habilidades de relación e comunicación que promovan a integración da sexualidade como fonte de saúde, pracer, comunicación e afectividade. Todo isto encamiñado a avanzar cara unha educación sexual liberadora.
Aqueles que desexen asistir a esta actividade, deberán inscribirse previamente, ben na Casa da Cultura de Xinzo, na primeira planta, aula número 2 ou ben no enderezo electrónico [email protected].