A final da Copa Deputación de Ximnasia 2019 será en Xinzo

250
A final da Copa Deputación de Ximnasia 2019 será en Xinzo

O Presidente da Federación Galega de Ximnasia, presente onte na competición levada a cabo no pavillón de deportes ante mais de 400 ximnastas e case 1000 persoas que presenciaron as execucións confirmou ao Concelleiro de Deportes Luís M. Gil, que o ano que ven a final provincial celebrarase en Xinzo.

O Presidente quere desta maneira valorar o esforzo e a boa organización que Xinzo levou a cabo nestes dous últimos anos que se encargou dunha das fases provinciais.