Finaliza o curso da Escola Rural de Saúde da Limia

Ana Fdez, farmaceutica comunit aria y grupo participantes
Finaliza o curso da Escola Rural de Saúde da Limia

Estruturouse nun formato de seis talleres teórico-prácticos

Finaliza o Curso de Seguridade de Pacientes e Medicamentos organizado pola Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia e realizado na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Estivo dirixido á cidadanía en xeral e especialmente a profesionais dos coidados, a familiares de persoas dependentes e a enfermos crónicos.

O obxectivo dos talleres foi capacitar a pacientes e cidadanía en xeral.

Estruturouse nun formato de seis talleres teórico-prácticos onde se deu información sobre o uso seguro e responsable dos medicamentos, os dereitos e deberes dos pacientes, as vías de administración de medicamentos, o uso adecuado das plantas medicinais e a medición das constantes vitais.

O obxectivo dos talleres foi capacitar a pacientes e cidadanía en xeral para, de maneira activa, promover unha asistencia sanitaria máis segura e de calidade, aumentando os coñecementos sobre aspectos concretos relacionados coa prevención, a seguridade do enfermo e o uso adecuado dos medicamentos.

Todo iso foi posible grazas á colaboración das farmacéuticas comunitarias de Xinzo de Limia, Ana Fdez Orcajada e Elena Rdguez Villarino –farmacéuticas– e a Elisa Cadaya –enfermeira de Atención Hospitalaria de Ourense–.