A Fiscalía solicita xulgar ó rexedor de Xinzo por presunta prevaricación en contratos

A Fiscalía solicita xulgar ó rexedor de Xinzo por presunta prevaricación en contratos

A Fiscalía de Ourense vai proceder a emitir unha acusación contra Antonio Pérez por un presunto delito de prevaricación continuada. Con tal fin enviouse un informe ó xulgado instructor para abrir unha fase intermedia anterior ó xuízo. Tras a pertinente resolución dictada pola autoridade, a Fiscalía procederá a redactar o seu escrito de calificación.

Os feitos remóntanse ó 2014 a partir dunha denuncia do sindicato CIG. Os maxistrados que se puxeron á fronte do caso, dictaron condena contra o Concello de Xinzo de Limia e chegaron a anular ata nove contratos por decreto. O motivo foi que apreciaron unha desviación de poder do alcalde e detectaron indicios da posible comisión dun delito.

Os maxistrados observaron a presunta colocación de persoas afíns, vulnerando os principios constitucionais de acceso a unha función pública. Isto é teriase favorecido a contratación de persoas "en detrimento do resto de cidadáns con máis mérito e capacidade, que se ven privados de dita posibilidade ante a ausencia de convocatoria algunha", segundo recollía unha das denuncias.

Ditos contratos foron impugnados pola avogacía do Estado logo de que o sindicato presentara un conxunto de escritos na Subdelegación do Goberno para revisar a súa legalidade.

Dende entón o alcalde permanece en calidade de imputado e segundo declarou a algúns medios de comunicación, os informes de secretaría e intervención polos que se abriu a investigación, foran falseados.

Antonio Pérez sinalou que "ningún técnico fixo advertencias en contra, nin escritas nin verbais en ningunha xunta de goberno, comisión ou pleno". Mantén que as datas foran falseadas e ante diversas sospeitas, o alcalde procedeu no seu momento a precintar o ordenador do ex secretario e a súa ex adxunta.