Foi un dos feitos culturais máis importantes nos últimos 20 anos

Presentación revista Lethes nº 12
Foi un dos feitos culturais máis importantes nos últimos 20 anos

O sábado 16 o Centro de Cultura Popular do Limia , presentou no Concello de Vilar de Santos o nº 12 da súa revista LETHES

Manuel Seoane, que fixo de mestre de cerimonias, agradeceu a toda a xente que acudiu a invitación, que encheu o salón de actos, que se xuntara en tan grande número, para algo relacionado coa vida , pois a xente na Limia , sóese xuntar para actos de celebración da morte.

O nº 12 da revista LETHES, tardou máis do que se esperaba, segundo dixo Manuel, pero aínda que así fose, era unha ledicia pódela presentar a tódolos presentes.

Todos os intervenientes presentes na mesa tomaron a palabra para gabar o esforzo dos que se teñen que poñer diante do proxecto para poder levalo a cabo.

Presentación revista Lethes  nº 12(2)

Antón Rivero, escritor limián afincado na costa recordou que o nacemento da revista LETHES, fora un dos acontecementos culturais mais importantes dos últimos 20 anos. Tal é así , que na zona súa de residencia, copiaron a idea para facer unha cousa parecida.

Xosé M. Cid, dixo que a cultura e a política teñen que ir da man, e que as administración teñen que apoiar máis este e outros acontecementos . Recordou a bágoa que se está a pasar nestes derradeiros días co caso de Bemposta que se está a deixar esmorecer, cando foi un referente mundial entre outras cousas por unha ensinanza libre. Prometeu aos seus veciños de Morgade, os que lle chaman, Mestre de Morgade, que pronto fará a promesa de escribir un libro sobre o seu pobo.

Pechou o acto Delfín Caseiro para recordar o 20 aniversario tamén do actual emprazamento do Museo da Limia e para significar que este nº 12 da revista é un número extraordinario e con un simbolismo moi especial.

Rematou a súa intervención dando lectura a dous poemas de Antón Tovar, inéditos, dos 10 que aparecen nesta edición.

Como colofón os presentes deleitáronse escoitando o tenor ourensán Baldomero Pavón, acompañado coa acordeón de Cao, instrumentista afamado en todo o mundo.

Os presentes pasaron logo a visitar unha exposición de instrumentos musicais no museo da Limia, onde despois de degustar un viño do Ribeiro e xamón de castañas, tiveron ocasión de volver escoitar outra vez ao tenor e máis o seu músico, desta vez máis distendidos.