“Foi unha honra contar coa túa lealdade”-Elvira Lama

Acto de entrega da medalla e a placa a Germán Bolaño
“Foi unha honra contar coa túa lealdade”-Elvira Lama

Un dos puntos da orde do día do pleno ordinario era a aprobación do expedinte de honra presentado polo concello, do cal foi instrutor o concelleiro de Mobilidade Ramón Gómez.

Unha vez aprobado o expedinte por unanimidade a alcaldesa Elvira Lama, antes de facerlle entrega da medalla e a placa correspondente quixo facer unha loubanza da persoa, o seu traballo, a súa dedicación, sobre todo nos meses de pandemia e a súa traxectoria ao longo dos máis de 30 anos que o Policía Local Germán Bolaño realizou por e para o concello e os veciños de Xinzo.

Foi un acto moi emotivo no que quixeron estar presentes familiares, amigos e compañeiros. A rexedora ofreceu un discurso no que agradeceu a súa entrega e recalcou:

“Foi unha honra contar coa túa lealdade, co teu apoio e co teu consello”.