O grupo musical Grampoder compartiu algúns dos seus temas o sábado na Corte dos Bois
REDACCIÓNGrupos especiais para lugares especiais. A tenda-taberna A Corte dos Bois encheuse o sábado de folk psicodélico, hardcore comeflores, rock portátil e pop campestre da man de Grampoder.
Unha reinterpretación, a deste establecemento das formas máis tradicionais ao hoxe en día máis actual. A Corte dos Bois inspírase nas tabernas do século pasado para o seu concepto e esencia, pero enche a súa programación musical cos grupos máis innovadores, como é o caso de Grampoder.
Esta agrupación, composta por Le Roi e Martin Wu, fai música para burlar as tormentas e confesaba uns días antes de viaxar a Santa Ana en Sandiás, que era un sitio no que lles apetecía especialmente tocar. Garantían coros, percusións raras e silbiditos, promesa que cumpriron con creces.