Unha semana máis, pasamos a informar do fin deportivo futbolístico da Limia. Escomenzamos a nosa información coa boa canteira Antelan. Partimos cos mais cativos, o equipo pre-benxamín que perdeu na final por un 1-2 nun partido moi difícil para os nosos , que tiveron algo de presión ante o Santa Teresita .Non foi o mellor partido dos discípulos de Jose Antonio(More).
Pasamos xa a tarde cando na Moreira se reúnen mais de 120 rapaces das categorías inferiores do Antela. Alí puidemos ver o partido de fase de ascenso a liga galega de infantís entre o Antela e ó Moaña. Partido que remata no o primeiro tempo cun 1-0 para o equipo local dominador do premer tempo pero no segundo o equipo local acusou o campo de herba natural e veu a remontada do Moaña cun claro 1-6 . O equipo local deu un baixón físico importante pero en todo momento disfrutou do momento vivido. Logo rematouse cunha presentación da base do Antela e fotos dos equipos . Este acto estivo amenizado con música e uns pinchos para todos os rapaces e pais.
Xa o domingo tocoulle o turno o equipo sénior do Antela que traia un difícil empate de Soutopenedo e que tivo no seu dianteiro Camarón o revulsivo do partido tras a festa do Boy e a despedida de Marcos .Dende aquí felicitamos o equipo. Fisicamente viña tocado, pero dero-notodo e puxéronse cun 0-2 rápido con goles do citado Camarón e Samu de penalti.A segunda parte xa deu paso a un relax excesivo .Dende aquí salientar as boas e decisivas paradas do xuvenil Julian cun futuro asegurado.Felicitalo por o partido.
Agora desexarlle sorte o Antela pola segunda final consecutiva.
O resto dos equipos da Limia xa pensan na seguinte tempada e dende aquí informaremos dos fichaxes,rumores e contratacións que xa empezan a soar en 1º,2º e 3º rexional.