O FUTURO TERMAL DA LIMIA

2018031522201639824
O FUTURO TERMAL DA LIMIA

No pleno do día 15 de xuño, Xinzo Adiante trouxo a moción que máis atención captou, a cal xa nos adiantaba o alcalde: solicitar á Consellería de Industria o estudo de augas termais no acuífero de Antela.

Esta moción foi aprobada por unanimidade e propuxeronse varios procesos de actuación, como a instalación de infraestructuras, o cal xeraría interese turístico e revalorizarían a comarca. O PSOE realizou unha enmenda, a cal foi aprobada por unanimidade, propondo que se intente incentivar estas iniciativas nas zonas limítrofes como Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos e Porqueira, posto que tamén forman parte do acuífero.

Manuel Pérez Campos, promotor da moción, explicou que isto atraería máis emprego a comarca e que o estar nunha provincial termal, as investigacións empezadas en 2009 por o xeólogo José Ramón Seara Varela non sería raro que chegaran a bo porto.

Algúns dos alcaldes dos concellos mencionados polo PSOE xa se pronunciaron e acolleron de maneira positiva a iniciativa, entre eles os de Vilar de Santos, Sandiás, Xunqueira de Ambía e Sarreaus. Pola sua parte, o alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, asegurou que os técnicos municipais extraerán datos neste sentido. Así mesmo, a deputada de Termalismo e Turismo, Ana Villarino, anunciou que a administración provincial estudará e apoiará a proposta, engadindo que a Xunta terá que reanudar eses estudos e, uha vez demostrado que o recurso existe, estudar e determinar a súa viabilidade.