Os gaiteiros de Os Blancos actuarán nun festival internacional de folclore en Italia

150369_4117578811702_154720435_n
Os gaiteiros de Os Blancos actuarán nun festival internacional de folclore en Italia
Os músicos viaxarán a semana que ven a Sicilia para participar no Sagra del Mandorlo REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Do 10 ao 17 de...

Os músicos viaxarán a semana que ven a Sicilia para participar no Sagra del Mandorlo

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Do 10 ao 17 de marzo a Banda de Gaitas de Os Blancos viaxará a Agrigento, Sicilia. Estes músicos terán a oportunidade de participar no festival internacional de folclore Sagra del Mandorlo xunto con outros grupos de distintos países, entre eles: Bolivia, Croacia, Grecia, Letonia, México, Polonia, Romanía, Serbia, Hungría e a propia Italia.

As actuacións da banda repartiranse durante toda a semana do festival, e incluirán desfiles polas rúas de Agrigento e concertos no Teatro Pirandello e no Valle dei Templi. Dos trinta e cinco compoñentes da Banda de Gaitas de Os Blancos, soamente poderán desprazarse ata Italia vinte e cinco, por motivos de estudo ou traballo.

Agradecemento ao Concello e aos colaboradores

Esta pequena aventura italiana será posible grazas ao Concello de Os Blancos e outros colaboradores da agrupación coma a Tapería O Gaiteiro e o café Trebello. Ademais de todos aqueles que quixeron aportar o seu gran de area coa compra de rifas. Unha axuda que resultou esencial, pois o desprazamento ata a cidade onde se celebra o festival tivo que ser costeado pola propia banda.