Gaiteiros limiaos levan a música galega por terras francesas

gaiteiros francia 2-horz
Gaiteiros limiaos levan a música galega por terras francesas
Xoán, David, Aitor e Lucas visitan estes días a Bretaña e actuarán nunha importante festa da rexión REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Un cuarteto da...

Xoán, David, Aitor e Lucas visitan estes días a Bretaña e actuarán nunha importante festa da rexión

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Un cuarteto da banda de gaitas de Xinzo de Limia anda polas terras da Bretaña francesa facendo unha mostra da música galega. Xoán, David, Aitor e Lucas estiveron estes días de visita en varias escolas de Pont de Buis e Saint Segal na rexión de Finistère onde achegaron a nosa cultura e tradición musicais aos pequenos escolares franceses.

E hoxe, estes mozo participarán nunha importante festa da Bretaña que se celebra na mesma poboación de Pont de Buis.