Ganade disporá dun novo depósito de auga con maior capacidade

ganade
Ganade disporá dun novo depósito de auga con maior capacidade

A zona xa dispuña dun pequeno depósito de auga moi antigo que verquía parte da auga

Están a preparar o proxecto para realizar un novo depósito de auga con grande capacidade no barrio de Souto –na parroquia de Ganade–. A adxudicación rondará os 60.000 euros e un dos obxectivo é que cando chegue o verán non se teña que andar empregando camións. Segundo informa o rexedor da capital da Limia, Antonio Pérez, dará servizo a uns 30 veciños e veciñas da zona e será sufragada con fondos propios do concello.

A zona xa dispuña dun pequeno depósito de auga moi antigo que verquía parte da auga non sendo suficiente para abastecer a toda a veciñanza do barrio. Xa que logo, o consistorio, derrubara o vello depósito e realizará unha nova captación para a nova construción.