A Garda Civil busca a un home que intentou agredir a unha moza en As Casas da Veiga

casas
A Garda Civil busca a un home que intentou agredir a unha moza en As Casas da Veiga

Os feitos aconteceron na mañá do martes cando unha rapaza se atopaba á altura de As Casas da Veiga. A moza saiu a facer deporte seguindo o curso do río. Un home achegouse a ela e comezou a falarlle con normalidade decíndolle que o seu nome era Suso e que traballaba como pintor, aínda que estes datos poderían ser falsos.

Nun intre da conversa empezou a porse agresivo e nese momento a rapaza asustouse. Tratou de librarse do home que intentou agredila en varias ocasións provocándolle contusións no corpo. A moza conseguiu desfacerse do agresor a golpes e escapou correndo. Puido pedirlle axuda a un grupo de persoas que estaban traballando nunha finca

A Garda Civil busca dende entón a esta persoa que ía en bicicleta vestido cunha sudadera vermella, pantalón escuro e unhas zapatillas deportivas de cor laranxa ou amarelo. O rapaz é moreno, mide sobre 1´80 e como característica salientable ten unha pequena calva na cabeza.

Algunhas testemuñas vírono pola zona da Saínza. Calquera persoa que poida proporcionar algunha información referente a este caso pode porse en contacto coa Garda Civil de Xinzo.