A Garda Civil detén un furgón que transportaba roupa falsa entre Xinzo e Vilar de Barrio

roupa
A Garda Civil detén un furgón que transportaba roupa falsa entre Xinzo e Vilar de Barrio

A Garda Civil de Tráfico de Verín detivo un vehículo que transportaba mercancía falsificada. O furgón viaxaba pola nacional OU-1102 que comunica Xinzo de Limia con Vilar de Barrio na madrugada do mércores para o xoves.

Os axentes atoparon no interior 398 prendas de deporte e outras 198 co logotipo de Adidas que estaban dispostas en 11 bolsas de plástico e que procedían de Portugal. Segudo informou a Garda Civil o valor total das prendas acada os 30.000 euros.

O condutor do vehículo responde as iniciais de M.N.E.H, trátase dun veciño de Xinzo e que segundo fontes do instituto armado, xa foi detido noutras ocasións por feitos similares.O detido enfróntase agora a un delito contra a propiedade industrial por non acreditar o permiso de fabricación, venta ou distribución de dita marca.

Os axentes están realizando unha campaña de control das estradas secundarias da zona durante a tempada de verán polo aumento das feiras e mercados, destino ó que ía a mercancía atopada. No que vai de verán é a terceira incautación de roupa falsa que fai a Garda Civil nas estradas da provincia de Ourense.