Tráfico detén a unha persoa con 300 litros de augardente no seu coche á altura de Sandiás

La Guardia Civil de Calvos de Randín interceptó a la furgoneta del investigado.
Tráfico detén a unha persoa con 300 litros de augardente no seu coche á altura de Sandiás

Os feitos aconteceron na madrugada do sábado

Os feitos ocorreron na madrugada do sábado cando a Garda Civil de Tráfico estaba realizando un control de alcolemia na A-52, ó seu paso polo concello de Sandiás. Segundo publica o xornal "La Región", nunha das probas a un condutor este deu negativo pero os axentes detectaron un forte cheiro a alcol no interior do coche. Os axentes obrigaron ós ocupantes do vehículo, ambos de Ourense, a que abriran o maleteiro. Nese momento a Garda Civil descubriu que o forte olor procedía de 20 garrafas de 15 litros cheas de augardente branca.

Os produtos foron incautados pois non tiñan documentación que acreditase a súa legal distribución ou circulación. Así mesmo carecían de das etiquetas esixidas pola regulación técnico-sanitaria, nin signos fiscais de circulación correspondentes ó Imposto Especial sobre o Alcol.

Os axentes entregaron as garrafas na Dependencia de Aduanas e Impostos Especiais de Ourense que se encarga agora de tramitar o procedemento sancionar oportuno.