A Garda Civil detén a unha veciña de Cualedro tras unha persecución de 20 km
A detida deu positivo en alcol e drogas, ademáis de conducir sen puntos no carné.
A Garda Civil de Tráfico de Verín, en colaboración con axentes do cuartel de Cualedro, detivo –ás 12:00 horas de onte– a N.C.C, veciña de Vilela (Cualedro), como presunta autora dos delitos de desobediencia a axentes da autoridade, condución temeraria e condución un vehículo con perda de vixencia de permiso de condución.
A detida deuse á fuga durante 20 km.
Os axentes, dentro da campaña de vixilancia de vías convencionais, déronlle o alto á detida e esta fixo caso omiso dándose á fuga durante 20 km ata chegar ao seu domicilio. Alí foi interceptada polos axentes, que tras facer varias comprobacións e realizar un control de detección de drogas e alcol comprobaron que deu positivo en cannabis.