Os tres veciños de Xinzo acusados de roubo organizado de gando quedan en liberdade

granxa vaca
Os tres veciños de Xinzo acusados de roubo organizado de gando quedan en liberdade

Así o decidiu a xuíza na tarde do martes

A xuíza de Xinzo deixou en liberdade ás cinco persoas detidas no marco da "Operación Vitela". Tres delas son de Xinzo de Limia e as outras dúas de Montealegre. As detencións foron posibles tras o traballo conxunto da Garda Civil de Ourense e da Policía portuguesa.

Os feitos remóntanse a finais de 2012 e maio de 2013 cando os detidos roubaron 112 cabezas de gando valoradas en 128 mil euros. Os roubos producíronse en explotacións gandeiras de Morgade, Vilariño, Damil, Gudes e Cualedro.

A operación deu comezo tras rexistrarse a primeira denuncia o 14 de decembro de 2012 cando faltaron 13 tenreiros nunha granxa de Morgade. Logo deste, foron seguidas as demais subtracións de gando que comezaron a xerar alarma social e foi cando a benemérita iniciou a investigación.

A operación que durou tres anos remata coa desarticulación dun grupo organizado que tiñan as súas tarefas perfectamente definidas. Mentres uns localizaban a granxas e vixiaban, o resto cometía o roubo e encargábase do traslado dos animais a Portugal. Os axentes incautaron o vehículo que usaban para o transporte das reses.