A Garda Civil detén en Xinzo a un mozo por un presunto caso de violencia de xénero e tráfico de drogas

civil 2
A Garda Civil detén en Xinzo a un mozo por un presunto caso de violencia de xénero e tráfico de drogas

Os feitos aconteceron a pasada madrugada a raíz dunha discusión entre dous compañeiros de piso

O suceso tivo lugar na pasada madrugada cando a Garda Civil de Xinzo recibiu o aviso dun presunto caso de violencia de xénero. Os axentes trasladáronse a unha vivenda da vila na que atoparon a unha muller moi nerviosa e ferida. A moza comentoulles que acabara de ser agredida polo seu compañeiro de piso, un mozo de 26 anos que se dera a fuga.

Segundo lles relatou, o compañeiro chegou á casa cunha bolsa que contiña droga. A rapaza negouse a ter esas sustancias na vivenda e iso propiciou a discusión na que o presunto agresor golpearía a súa compañeira nas mans e nos pés causándolle diversas feridas. Tralos feitos o rapaz marchou da casa deixando no seu interior diñeiro en metálico, droga e unha balanza de precisión.

A Garda Civil procedeu a levar a muller a un centro de saúde e acto seguido inciaron un operativo para buscar ó mozo. Tras media hora, deron con el nas inmediacións da vila e procederon ó seu arresto.

xuzgado

O rapaz natural de Portugal pasou esta mañá a disposición xudicial no xuzgado de garda de Xinzo de Limia.