Gas Natural –Fenosa non se presentou a unha conciliación co Concello de Xinzo

concello de xinzo
Gas Natural –Fenosa non se presentou a unha conciliación co Concello de Xinzo

Este reclámalle máis de 600.000 € por facturación indebida

Esta é a conclusión dun estudo independente encargado polo concello xa fai 3 anos, no que a empresa encargada da súa redacción concluíu que a distribuidora lle facturara o noso concello, naquel momento arriba de 800.000 €.

Parte dese cobro excesivo correspondía segundo o informe a enerxía reactiva. A cantidade que estaba en torno aos 130.000 €, xa foi devolta pola empresa de enerxía despois da petición do Concello.

MAIS DE ANO E MEDIO PARA FALAR CON ALGÚN RESPONSABLE

Antonio PérezFai máis de ano e medio que Antonio Pérez leva intentando falar con algún responsable da compañía Gas Natural-Fenosa para falar sobre a segunda parte da reclamación. Ata o día de hoxe, aínda non dei falado con ninguén. O último responsable que tiveron na provincia contestou a derradeira vez que me puxen en contacto con el, que desde que todo está en Cataluña, non hai maneira de falar con ninguén.

Ante esta situación os técnicos do Concello aconsellaron presentar unha conciliación no Xulgado, previa a propia reclamación xudicial, pero a mesma non acudiu ningún representante da empresa, nin sequera un asesor xurídico.

Despois disto o seguinte paso é reclamarlle xa legalmente a cantidade estipulada, que segundo a empresa auditora ascende a mais de 600.00 €.