O Goberno mete man nas supostas irregularidades nas contratacións do Concello de Xinzo

Q4qxSkDt_P
O Goberno mete man nas supostas irregularidades nas contratacións do Concello de Xinzo
A corporación local enfróntase tamén ao cargo de desviación de poder, figura equivalente á prevaricación  O pasado xoves Antonio Pérez aseguraba...

A corporación local enfróntase tamén ao cargo de desviación de poder, figura equivalente á prevaricación

 O pasado xoves Antonio Pérez aseguraba descoñecer a existencia de notificación algunha en relación á impugnación dos contratos realizados no Concello. Uns contratos que presuntamente infrinxirían a normativa do Estado que prohibe toda incorporación sempre que esta non sexa urxente e inaprazable, tal e como explicaba o venres unha información de La Voz de Galicia. Pola súa banda, o Goberno decidiu formalizar a impugnación contra destas actuacións mediante a emisión dunha demanda por medio da Subdelegación do Goberno, cuxo paso seguinte será a formalización nos xulgados.

Así, o rexedor limiao sairá do seu descoñecemento nun breve lapso de tempo, o que tarde en chegar a comunicación oficial ao Concello. Descoñecemento contra o que xa intentaran loitar, en vano, os funcionarios municipais de Xinzo que enviaron ata 17 informes en contra destas accións. Pérez e o seu equipo de goberno enfrontaríanse, se a demanda ten en conta o informe redactado polo Avogado do Estado Xefe de Ourense (imaxe superior), a cargos non soamente por infracción do ordenamento xurídico no tema das contratacións senón tamén a unha acusación de “desviación de poder”. Esta figura, equivalente á prevaricación no ámbito penal, “supón o exercicio de potestades administrativas para fins distintos dos fixados polo ordenamento xurídico”.

María Fernández Romero