Le Green Notes dará un concerto a noite deste sábado na Casa da Cultura

Le Green Notes dará un concerto a noite deste sábado na Casa da Cultura

O evento atópase dentro do programa “Cultura do Camiño” que organizan a Xunta de Galicia e AGADIC e coa que...

O evento atópase dentro do programa “Cultura do Camiño” que organizan a Xunta de Galicia e AGADIC e coa que colabora o concello de Xinzo

Este sábado, as 22:30 horas o grupo Le Green Notes dará un concerto no salón de actos da Casa da Cultura en Xinzo de Limia. A banda, na que toca o baterista profesional e valorado mestre de percusión, Xoán Antón Losada Souto, amosará os seus derradeiros traballos nun evento que durará pouco máis dunha hora. Na sesión de hoxe poderemos desfrutar do particular estilo desta orixinal banda, que se podería encadrar dentro do que coñecemos como música folk, aínda que nas súas cancións fusiónanse moitos outros ritmos e estilos.

O grupo mostrase entusiasmado por ofrecer este concerto xa que “ na casa e entre amigos” sempre se toca con máis ganas.