Un gruísta limiao resulta ferido mentres retiraba un camión accidentado

Accidente Xinzo Grúa
Un gruísta limiao resulta ferido mentres retiraba un camión accidentado
O traballador de 38 anos e veciño de Xinzo foi atropelado na A-52 á altura da vila REDACCIÓN Unha mañá negra para...

O traballador de 38 anos e veciño de Xinzo foi atropelado na A-52 á altura da vila

REDACCIÓN

Unha mañá negra para as estradas limiás. A primeira hora un camión sinistrábase na A-52 á altura de Xinzo de Limia. Tras o accidente, cerca das 7:30 horas, R.P.G. de 38 anos, limiao e conductor de grúa trasladábase ata o lugar para retirar o vehículo da estrada. Cando se dispuña a executar a tarefa foi atropelado.

 Tras este segundo sinistro unha ambulancia medicalizada desprazouse ata o lugar dos feitos para trasladar ao ferido ao Hospital Cristal, segundo indicaron fontes sanitarias. A Garda Civil informou de que se rexistraron retencións polo que se habilitou un desvío alternativo pola estrada N-525.