Os grupo de Teatro Aneis enche de risas a noite limiá

998609_556010137777961_1870606485_n
Os grupo de Teatro Aneis enche de risas a noite limiá
REDACCIÓN redac@dendealimia.com O grupo de Teatro Aneis organizou o pasado venres día sete, os Monólogos da Limia que fixeron as delicias...
REDACCIÓN redac@dendealimia.com

O grupo de Teatro Aneis organizou o pasado venres día sete, os Monólogos da Limia que fixeron as delicias de todos os que quixeron achegarse ata o bar Trebello. As hilarantes actuacións dos actores e actrices demostraron non só as súas aptitudes interpretativas, senón tamén o seu compromiso co mundo do teatro.

As risas estaban aseguradas con todas as curiosas personaxes encarnadas polos artistas, que ían desde unha aristócrata ata un trasno, pasando por unha adolescente en apuros ou unha aspirante a estrela de televisión. En total, once actores e actrices que interpretaron monólogos escritos por Manolo Fontemoura, excepto dous deles que foron obra do propio actor e do pai dunha das actrices, respectivamente.