Haberá patacas da Limia na Semana Verde de Silleda

2sv
Haberá patacas da Limia na Semana Verde de Silleda

A Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia estará presente na Semana Verde de Silleda entre os días 8 e 11 de xuño

A maior feira de mostras e lecer do noroeste –a Semana Verde de Silleda– cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial.

A Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia estará presente nesta importante cita que se celebrará entre os días 8 e 11 de xuño. Concretamente os técnicos do Consello Regulador promocionarán a pataca galega dentro da 21ª Edición do Salón Alimentario do Atlántico, inserido dentro da Semana Verde –que patrocina Abanca–.