27 de marzo de 2014, 23:00
A banda limiá tocará mañá na Sala Clan despois de dous anos
REDACCIÓN [email protected] Twitter: @DendealimiaOs mozos de Habitación Vudú actuarán mañá na Sala Clan de Xinzo, un local ao que consideran á súa casa, despois de dous anos sen tocar en terras limiás. A cita será contra a media noite e estes músicos de Escornabois (Trasmiras) compartirán escenario coa banda Bueno.sair.es e co D.J. I.D.M. A entrada ao concerto custa cinco euros, e inclúe unha cervexa.