O hipódromo de Antela presenta as carreiras de trote enganchado e galope

cabalos
O hipódromo de Antela presenta as carreiras de trote enganchado e galope

A cita coa velocidade e os cabalos será o domingo 19

O hipódromo de Antela será a sede de dunha xornada intensa de competicións a cabalo que terán lugar o domingo 19.

A partir das 13h terán lugar as carreiras de Trote Enganchado Internacional e disputaranse os \“Premios Farmacia de Bande\” con RYES como favorito. Así as cousas deberá medirse ós locais Astrologue e Running. No premio Valdemunde Team o aspirante a gañar é Rapid Tilly.

Xa pola tarde darán comezo as probas de galope coa primeira carreira para Árabes que se converterá nunha competición provincial a dúo. Sal Alem representando a Ourense medirase con Burca Gal de Pontevedra e Riu Falcon dende A Coruña.

Arredor das 16.30h os Pura Sangue Inglés disputarán a MIlla Antelana de 1550m. Jokan e Leffard parten como favoritos. Ás 17h terá lugar a carreira longa da xornada con 1800m e que porá en xogo o valor de La Cañiza e Sissi du Reheu.

A xornada rematará co Gran Premio para cabalos árabes onde destacan Xas e Lach Corcel de Pontevedra, Pelayo dende A Coruña e Pawik de Ourense.