viernes. 07.10.2022

A historia da Limia máis preto de ti

Desde o renacemento de Dende A Limia, temos como compañeiro de aventuras a Edelmiro Martínez Cerradelo, que comparte con nós...
Edelmiro Martinez Cerredelo

Desde o renacemento de Dende A Limia, temos como compañeiro de aventuras a Edelmiro Martínez Cerradelo, que comparte con nós todo o que sabe do pasado da nosa terra

REDACCIÓN

Se onte anunciabamos a incorporación de Adriana Jiménez á nosa plantilla de colaboradores coa súa sección LimiaRed, cómpre destacar que desde o pasado 11 de agosto, data do renacemento de Dende A Limia, acompáñanos tamén nesta aventura, o ilustre historiador limiao Edelmiro Martínez Cerradelo.

Edelmiro Martínez é un dos estudosos que máis coñece a historia da comarca limiá, tal e como ten demostrado nas sucesivas publicacións que saen do seu puño e letra, arroxando luz sobre o que ten acontecido nesta terra. Da súa produción, ao abeiro do Grupo Pedro González de Ulloa de Estudios Históricos da Limia, do que é membro, destacan “Historia e memoria. A Limia:1931-1953”, “Historia de Xinzo de Limia” ou “O correxedor de Xinzo que quixo desecar a lagoa: Julián Toubes (1796-1870)”.

Preme aquí se queres desfrutar da súa primeira colaboración para Dende A Limia, A Limia e o ferrocarril que nunca chegou, onde analiza as razóns históricas que explican que a comarca quedara excluída dos mapas ferroviarios. Sen dúbida, todo un pracer para Dende A Limia, contar con colaboradores da talla de Edelmiro Martínez.

Comentarios