Un home cunha intoxicación etílica contradí ao persoal sanitario que o atendeu en Xinzo

IMG_9454 (1)
Un home cunha intoxicación etílica contradí ao persoal sanitario que o atendeu en Xinzo
A central do 061 recorreu ás forzas de seguridade do estado, pero finalmente o individuo accedeu a subir na ambulancia...

A central do 061 recorreu ás forzas de seguridade do estado, pero finalmente o individuo accedeu a subir na ambulancia sen mediación da policía

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Arredor da media noite de hoxe unha ambulancia do 061 acudía a un bar da rúa dos Viños de Xinzo de Limia, para asistir a un home con intoxicación etílica. Unha vez desprazado o equipo médico o individuo negábase a atender as indicacións do persoal sanitario. Así, a central do 061 viuse na obriga de poñerse en contacto coas forzas de seguridade do estado. Finalmente, para cando chegaron ao lugar dos feitos dúas dotacións da Garda Civil e unha da Policía Local, o home xa estaba sendo trasladado pola ambulancia.