Un home foi rescatado logo de perderse no monte coa súa furgoneta preto de Morgade

morgade
Un home foi rescatado logo de perderse no monte coa súa furgoneta preto de Morgade

A súa localización foi posible grazas ó "whatsapp"

Un home que conducía unha furgoneta perdeu a orientación logo de que o vehículo quedase atrapado nunha pista forestal na zona de Morgade . Tras pasar máis de media hora sen poder saír da zona, alertou ós servizos de Emerxencia 112.

A aplicación de teléfono "whatsapp" foi fundamental para o rescate, pois a través dela enviou as súas coordenadas ó 112 e Protección Civil de Xinzo puido localizar ó home.

Os feitos ocorreron nunha pista forestal que transcorre a carón da autovía A-52.

Ata o lugar do suceso achegáronse tamén se achegou a Garda Civil.