Homenaze aos traballadores xubilados dende o 2019 ata hoxe

Traballadores xubilados homenaxeados
Homenaze aos traballadores xubilados dende o 2019 ata hoxe
Nove profesionais que se retiraron dende o 2019 foron homenaxeados hoxe nun acto institucional e recibiron un placa en agradecemento pola súa dedicación

O Concello de Xinzo de Limia recoñeceu a dedicación dos traballadores e traballadoras desta Administración local que se retiraron dende o ano 2019 cunha emotiva homenaxe na que foron obsequiados cunha placa que leva gravada unha mensaxe de agradecemento. O acto institucional celebrouse esta mediodía no salón de plenos da Casa Consistorial, onde un total de nove profesionais recibiron todo cariño dos seus compañeiros. Tamén estaba previsto celebrar un xantar nun restaurante do municipio.

Segundo os datos que manexa o executivo local, un total de dezaseis persoas xubilaranse ao longo deste mandato. Serían sete máis nos próximos meses que se sumarían aos nove empregados que recibiron hoxe a homenaxe.
A RPT do concello leva en proxecto máis de 20 anos
O goberno local de Xinzo de Limia avanza na elaboración da Relación de Postos de Traballo e tal e como informou a alcaldesa, Elvira Lama, estase a traballar nas fichas de cada posto e nas categorías profesionais. Trátase, en definitiva, de acabar coa conflitividade e alcanzar a estabilidade laboral para todo o persoal, polo que o executivo está a poñer todo o seu esforzo.
Cómpre recordar que na Administración local existe unha taxa moi elevada de persoal indefinido. Actualmente, o Concello conta con 23 funcionarios e 96 traballadores dentro do apartado de persoal laboral, fixo e indefinido. O número de efectivos de persoal laboral nalgúns dos servizos é insuficiente.