A hostalería de Xinzo para!

Hostalería xinzo
A hostalería de Xinzo para!
Este luns 28
A asociación de hostaleiros de Xinzo, ven de enviar un comunicado no que avisa do peche patronal dos seus establecementos este luns 28 por unha serie de motivos que aclaran no comunicado.

Porque xa non aguanta máis!

Pola suba esaxerada e desproporcionada das enerxías que fan mella nas nosas economías.

Porque non podemos permitir seguir afundíndonos cada vez máis neste pozo de inxusticias cavado polos intereses políticos e económicos duns cantos, cando vemos que todo o pais se está erguendo por saír adiante!!!

IMG-20220327-WA0000
Comunicado enviado pola asociación