Hoxe quedou inaugurada a exposición Auga: O sangue da Terra, na Casa da Cultura.

127207983_1326647407670296_411632611421330811_o
Hoxe quedou inaugurada a exposición Auga: O sangue da Terra, na Casa da Cultura.

Trátase dunha fascinante colección de fotografías que nos levan por numerosos puntos do planeta na procura do ben máis prezado, a auga.

Manuel Valcárcel é o autor deste proxecto que pretende enfocar un factor vital para o funcionamento do planeta e que pasa desapercibido en occidente.

En colaboración co Concello de Xinzo de Limia, xunto con ABANCA e Afundación Obra Social ABANCA.

Neste proxecto fotográfico, Valcárcel quere concienciar á poboación sobre a importancia do uso racional e responsable da auga. Para conseguir estas impactantes imaxes viaxou a algúns dos recunchos máis remotos do planeta azul: Nova Zelandia, o río Ganges, as plantacións de arroz de China, Níxer ou o deserto de Atacama, así como á lucense conca do río Lor, onde a presenza ou a ausencia da auga determinou culturas, paisaxes e ecosistemas. Manuel Valcárcel transmite a súa mensaxe: «A auga, elemento vital ao que quixen render esta humilde homenaxe en comparación co que representa, parte de todo o que somos e todo o que crea.

Elemento vital que debe ser motivo de unión e xamais de discordia. Elemento que debemos coidar e protexer porque marcará o devir das xeracións vindeiras, porque quen somos os seres humanos para crernos por encima da nai natureza?, que escultura existe tan bela como, por exemplo, a elaborada pola auga na praia das Catedrais na costa lucense?, ou que viaxe máis simple e á vez máis trepidante, que o dunha folla ao caer ao río deixándose arrastrar pola súa corrente ata chegar ao mar?». As imaxes da exposición distribúense en tres bloques: Os estados da auga recolle fotografías tomadas en Nova Zelandia e Galicia. No primeiro caso o traballo centrouse en plasmar o paso da auga en estado sólido a líquido e, ao mesmo tempo, os engarces entre a montaña e o mar. A conca do río Lor, en Ou Courel, é a protagonista galega: "neste caso buscouse plasmar visualmente os cambios que ofrece un río ao longo do ano. Non só como fluxo de auga senón, especialmente, como a materia que crea recunchos, texturas, cores que van cambiando co paso das estacións".