Hoxe rematarán coa fumigación de rúas e estradas de Xinzo

IMG_20200324_153620
Hoxe rematarán coa fumigación de rúas e estradas de Xinzo

A cargo de agruicultores da Limia

Esta tarde rematarán a primeira fase de desinfección con tractores das prazas e rúas de Xinzo, así como polos pobos. Pasadas as tres da tarde e co presenza de Antena 3, que tamén se quixo facer eco da noticia, un tractor conducido polo preseidente da Asociación de productores de pataca da Limia Amador Díaz, comezaba a última xornada, acompañado por membros das brigadas municipais, na cal solo participarán dous tractores, posto que no día de onte, no que participaron 7, fixeron moita máis desinfección da que estaba programada.

Farémola cada sete días

IMG_20200324_153846Amador Díaz manifestou que esta desinfección por parte dos asociados farase en Xinzo cada 7 dias, si non fixese falla antes, por algún motivo especial.

As cisternas de fumigación levan 1.200 litros de solución desinfectante con auga e lixivia. Con esa cantidade supéranse as 6 horas de fumigación. Neste caso os membros da asociación poñen gratuitamente o tractor , o traballo e o combustible e o Concello suministra o resto.

AGRADECEMENTO DE MARISOL DÍAZ E O DELEGADO DE MEDIO RURAL

Esta mañá o presidente Amador Díaz recibiu unha chamada de agradecemento por parte da delegada da Xunta Marisol Díaz e do Xefe Territorial de Medio Rural, polo ofrecemento dos asiociados na que lle transmitiu que posiblemente si tiveran que facer algunha desinfección en concellos limítrofes.