Humanizar, non significa pechar (Elvira Lama)

Campaña de tráfico-Presentación
Humanizar, non significa pechar (Elvira Lama)

Nos, o equipo de goberno en ningún momento falamos de pechar ao tráfico a rúa S. Roque

Creo que todo isto estase a sacar de contexto, e o malo é que non sabemos por parte de quen, nin con que intencións.

No plan que presentamos o outro día, o que se prantexa e que Xinzo, o pobo en xeral, e por suposto o casco vello, sexa máis humano e onde poidan convivir, veciños, comercios e tráfico.

NON APARCAR, NON SIGNIFICA NON PARAR

Elvira Lama
Elvira Lama

Do único que se falou e está no proxecto é que a nosa intención, e creemos que debería ser a de todos os veciños, veciñas e comerciantes, é que non se poida aparcar nesas zonas, iso solo significa que non se pode estacionar, pero non dicimos nada que non se poida parar para recoller a compra de calquera establecemento.

Que non foi máis que unha campaña informativa dirixida a cidadania sobre a responsabilidade de como e onde se pode e debe aparcar e onde non, para evitar posibles sancións. Para estacionar temos aparcamentos en superficie con 400 prazas. As sinais de rúas peonís con horario de carga e descarga levan en rúa Lepanto e San Roque máis de dez anos.

Todos sabemos como está toda a mañá a rúa Lepanto chea de coches aparcados, algunhos dos propios traballadores ou propietarios dos establecementos e cando pasa algún coche ou camión de reparto o peatón tense que meter nos portais para non ser atropelado. Isto en pleno siglo XXI non pode ser.

CAMIÓNS PESADOS

Non vale de nada que cada certo tempo teñamos que estar reparando as lousas destas rúas, primeiro por presuposto e segundo por interrupción das vías, e todo iso é debido tanto ao paso dos camións do lixo, do vidro e de reparto. Como en todas os cascos antigos se fai, teranse que empregar furgonetas de reparto a unhas horas determinadas, para subministrar ao comercio, pero iso xa está establecido dende fai tempo, ata con sinais de prohibición de aparcamento. O que está a pasar e que por costume deixase facer, e cada día vai a peor.

A QUEN SE LLE OCURRIU A IDEA DE QUE ESTA ALCALDESA QUERE PECHAR O COMERCIO?

Non entendo como alguén pode dicir que eu Elvira Lama teño como obxectivo que peche o comercio. Loxicamente é todo o contrario, eu mellor que ninguén ou polo menos igual que a maioría da xente sabe que un pobo faino o comercio. Un pobo sen comercio é un pobo morto.

Eu estou esperando aínda unha chamada de algúns dos comerciantes para solicitar unha reunión e falar, e sobre todo aclarar esta mala interpretación do proxecto que queremos levar a cabo e que presentamos a semana pasada.