O IES Lagoa de Antela suspende as clases de mañá

Lagoa de Antela IES 1
O IES Lagoa de Antela suspende as clases de mañá
A concatenación de temporais das últimas semanas asolagou as instalacións do centro REDACCIÓN redac@dendealimia.com O equipo directivo do IES Lagoa de Antela decidiu...

A concatenación de temporais das últimas semanas asolagou as instalacións do centro

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O equipo directivo do IES Lagoa de Antela decidiu suspender as clases de mañá día dez, debido o estado que presentan as instalacións do centro tralo paso de “Qumaira”e “Ruth”. As fortes chuvias asolagaron case toda a planta baixa, cun salón de actos impracticable, a entrada inundada e varias aulas nas que case cómpren catiúscas para entrar.

Con este panorama o centro de educación secundaria decidiu non impartir clases mañá para levar a cabo os traballos de reparación, e préganlle aos seus alumnos que permanezan atentos á web do centro (http://www.edu.xunta.es/centros/ieslagoaantela/) para informárense de cando se retomarán as clases.